14/6/23

Remo en 4°, 5° e 6° de primaria

 Hoxe, as nosas nenas e nenos desfrutaron dunha xornada de iniciación ao remo a cargo do Club de Remo Samertolameu de Meira

Viñeron con varios ergómetros e explicaronlles que é a alternativa que teñen para entrenar cando non poden saír ao mar por mal tempo, reman no ergómetro ou no foso. Fixeron unha demostración do seu funcionamento correcto e fixemos unhas mini regatas nas que nos divertimos moito.

Dicir que, entre os monitores que asistiron, tivemos o pracer de contar con Nacho, exalumno do cole e moi bo remeiro, que nos contou que rema  en batel, na traiñeiriña e traiñeira. Tamén nos deixou tocar e coller as distintas medallas acadadas en varios campionatos de España, o último este mesmo mes no peirao de Meira.

Toda unha sorpresa e alegría telo entre nós!

Grazas ao club e a Nacho pola visita!



22/4/23

Pleno 20 de abril

  Onte houbo un Pleno no Concello.

Nel participaron nenos e nenas dos diferentes colexios e institutos de Moaña.

Tratáronse temas relacionados coas necesidades da infancia e adolescencia.

O noso colexio participou coas intervencións de Adriana e Martín, da clase de quinto, que lle deron voz ás demandas dos seus compañeiros e compañeiras.

Fixérono moi ben.




1/3/23

Entroido Tradicional de Meira

 A semana pasada a clase de 5º tivemos a visita do mestre de baile Manolo Cobas, membro de Meiramar Axoúxeres, a asociación que recuperou o carnaval tradicional de Meira. Grazas a el puidemos coñecer moito sobre este carnaval.


Fíxonos decatar da importancia de manter as tradicións e de saber de onde vimos.

Tamén puidemos gozar do baile que nos ensinaron algúns nenos e nenas deste colexio que participaron este ano no baile de madamas e ghaláns.

Foi unha visita moi bonita.

Moitas grazas, Manolo.

8/6/22

RUTA POLO RÍO DA FRAGA

 Hoxe os nenos e nenas de quinto fixemos unha saída polo río da Fraga.

Grazas a Antón coñecemos moitas especies de plantas que nacen perto do río.

Aprendemos tamén moitas curiosidades do bosque que non sabíamos.

Pasámolo moi ben.





21/2/20

Visita ao Concello de Moaña



Isto é o que contaron os nosos nenos e nenas da visita ao Concello.
Quedamos encantados- as!
O xoves día 6 de febreiro visitaron o Concello.
Ao chegar recibiunos Aldán.



 



A mariscadora é o símbolo de Moaña por iso está na entrada do Concello
 Ensinoulles estas áreas: Padrón, Rexistro, Información, a Policía Local, Arquivo Municipal,
a Sala de Xuntanzas da policía,  os calabozos,Urbanismo, Oficina de Información ao Consumidor, Muller e Igualdade, Normalización Lingüística, Cultura, Facenda, Deportes, Secretaría.



 
Cando remataron entraron no despacho da alcaldesa  Leticia Santos, onde os recibiu xunto coa concelleira e concelleiro.
Alí puidemos facerlles as preguntas que elaboraron





 






 

Por último rematamos con  Odilo no salón de plenos. Estivo explicándolles como se sentaban dependendo de que partido foran e como funcionaba un pleno.



 Foi un día moi interesante!


31/1/20

Visita a AFAMO

 Para celebrar o Día da Paz, os nenos e nenas de 5º de primaria visitaron AFAMO, a asociación de familiares de persoas enfermas de Alzheimer do Morrazo.

Alí coñeceron as instalacións, o traballo que se fai coas persoas afectadas e, ademais, participaron nun intercambio de actividades: os maiores cantaron para os nenos e nenas A rianxeira, e os alumnos e alumnas de Quintela, cantaron para eles un canon cunha letra creada especificamente para esta ocasión.






22/6/19

5° e 6º visitan o Club de remo de Meira

O club de remo Samertolameu de Meira convidounos a visitar as súas instalacións e coñecer un pouco da súa historia e, tamén, gozar deste deporte, ao darnos a oportunidade de visitar e probar os ergómetros, os fosos e incluso saír ao mar en bateis.


Queremos dar as grazas pola invitación e polo ben organizada que estivo a actividade.




21/6/19

4º aprende a mariscar

 O pasado mércores, 5 de xuño, a clase de 4º baixou á ribeira de Moaña a coñecer o oficio de mariscar de cerca. Esperábanos a avoa de Claudia, Tere, e a presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña, Dolores.

Contáronlles algunhas novidades deste ano: a incorporación de 15  persoas ao traballo (dous homes mariscadores), as pragas de animais invasores,...
Moitas grazas de novo por atendernos.
Presentamos o vídeo de recordo.

14/6/19

Visita á Ludoteca Municipal

O alumnado de 6º de infantil visitou a semana pasada a Ludoteca Municipal, dentro do programa de actividades "Aprende Moaña", organizado polo concello.










12/4/19

Charla sobre salvamento marítimo en 4º

 Un ano máis o curso de 4º recibe a visita de Marcos ( pai de Pedro de 3º ) para falarlles do seu oficio: piloto de helicópteros de Salvamento Marítimo. 

Contoulles en que consiste o seu traballo, amosoulles  o traxe e algún instrumento, púxolles un vídeo de rescates de persoas e, sobre todo, faloulles da importancia do respeto ao mar e de facer caso aos avisos de temporal.








As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas